¿Que de qué parte estou, pregúntasme, cravando en min
a túa pupila azul...? Da mesma que crin estar sempre,
supoño, desde que a miña memoria se perde na néboa en tonos
sepias, desde o mesmo momento no que empecei a ter poder
de decisión sobre os meus soños, os meus propios medos, dú-
bidas, e as miñas actitudes e razóns para existir. Sigo a estar
de parte da Beleza, dos que nos sentimos na obriga de loitar,
desde que o mundo é mundo, polo que sempre nos resultou
moralmente xusto e evidente, a pesar de tantas dúbidas, decepcións e diferentes perspectivas de actuación, levando ás costas
tantas traicións decepcionantes en vertixinosa e constante cadea contínua de agresións dunha historia de infamia que xa
non nos permite ser inxenuos, porque se as víctimas de antes
pretenden ser verdugos á súa vez, ¿de qué parte que non sexa
sempre a das novas víctimas, dos novos vencidos doutras guerras, podemos estar xa?
(Lois Pereiro)